O Concello das Somozas convida a toda a veciñanza a participar nunha experiencia que vai máis alá do exercicio físico. O vindeiro sábado, 9 de maio, terá lugar unha andaina saudable con ruta circular pola zona da Igrexa. Esta iniciativa está deseñada para conectar o corpo e a mente mentres gozamos da nosa contorna. O punto de saía será desde o aparcamento do Centro Cívico Sociocultural das Somozas ás 9:30 horas.
Esta actividade non é só un roteiro xa que durante o percorrido poñerase en valor seis piares fundamentais para unha vida saudable: a actividade física e o movemento, a alimentación consciente, a importancia de durmir o suficiente, o contacto directo coa natureza e a luz natural, a práctica da respiración e o control do estrés, e o valor das relacións sociais.
A ruta circular proposta ten unha distancia de entre 8 e 9 quilómetros cun nivel de dificultade medio, o que a fai ideal para persoas afeitas a camiñar. A previsión é completar o traxecto e regresar ao punto de partida sobre as 12:30 e as 13:00 horas aproximadamente.
As inscricións xa están abertas e poden realizarse presencialmente no recinto polideportivo multiusos As Somozas, chamando ao teléfono 618 416 994 ou enviando un correo electrónico a [email protected].
