Este domingo, 29 de setembro, a veciñanza poderá gozar da Andaina Santiguiña, que organiza a Asociación Deportiva e Cultural O Santiaguiño coa colaboración do Concello das Somozas.
O percorrido, que conta cunha lonxitude de 9 quilómetros, ten prevista a saída para as 10:00 horas e terá como punto de inicio e de chegada o Centro Cívico ‘A Garita’.
A organización tamén terá preparados petiscos de recuperación á chegada.