O grupo de acordeóns da Escola Municipal de Música realizará unha actuación no Centro Cívico Sociocultural este vindeiro venres, 23 de maio.
A xornada dará comezo a partir das 20:00 horas, con entrada libre a todo o público que desexe acudir, ata completar aforo.