O Centro de Ocio Infantil As Somozas oferta unha ampla variedade de actividades todas as tardes, en horario de 16:00 a 19:30 horas. 

A rapazada, con idade entre 3 a 12 anos, poderá gozar de:

Luns: Baile e música, onde aprenderán pasos de baile, coreografias, xogos musicais…
Martes: Obradoiros, de 17:00 a 18:30 con saída ao Centro Cívico.
Mércores: Xogos deportivos como bádminton, xincanas, patinaxe, baloncesto, tenis de mesa, psicomotricidade, xogos predeportivos…
Xoves: Robótica, onde aprederán nocións básicas sobre informática e novas tecnoloxías.
Venres: Xogos por recantos e festas con diferentes zonas de xogo e festas temáticas.

Máis información a través do teléfono 620 39 64 93.