Queres saber como funciona a rede da Axencia de Lectura das Somozas?
Trátase dunha actividade para que descubras como se organiza a colección das bibliotecas e podas atopar facilmente o que buscas, tanto físicamente na Axencia de Lectura como virtualmente no Catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Ademais, coñeceremos as plataformas de préstamo electrónico Galiciale da Xunta de Galicia e Ebiblio da Deputación Provincial da Coruña e os recursos electrónicos da Rede de Bibliotecas de Galicia: https://acortar.link/zsM1Bk
  • Todos os martes: De 17:00 a 18:00 horas para idades de 12 a 101 anos
Formulario de inscrición: https://forms.gle/HTnivcF6Ho5FRvRu9

Máis información na Axencia, no correo [email protected] ou no teléfono 881 04 84 66, en horario de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.