O martes, 26 de xullo, volve ao Concello das Somozas a Festa d@s nen@s, organizada polo Concello e a Deputación da Coruña.
 
De 17:00 a 20:00 horas, a rapazada poderá gozar de diferentes actividades na área recreativa do Carballo.
 
Ademais, haberá Festa Holy. Recomendamos levar roupa clara e gafas de sol ou de bucear para poder xogar cos pos de cores.