A Deputación da Coruña pon en marcha unha Campaña de Neve na estación invernal de Valgrande-Pajares, en Asturias. Inclúe cursos de esquí, aloxamento, manutención durante a estancia, que irá do 13 ao 16 de xaneiro, e transporte. A actividade está dirixida a nenos e nenas que teñan entre 11 e 15 anos.

As prazas están limitadas a 3, podéndose inscribir todas as persoas que cumpran os requisitos nas bases, antes do 16 de decembro, no Concello das Somozas.

Toda a información en https://bit.ly/3FhPcs1 ou chamando ao 662 519 133.