O proxecto ‘O documento do mes do arquvo municipal’ iníciase coa exposición ‘De volta ao cole. As nosas escolas 1890-1986’. Unha mostra, situada no corredor de acceso á pranta baixa da casa consistorial das Somozas, formada por tres documentos:
- Rexistro de contas da Escola Pública de Conde, As Somozas. 1895-1896
- Actas da Xunta Local de ensino primario. 1902/1917
- Inventario das escolas das Somozas. 1910-1934-1960-1964-1986
Un proxecto para dar a coñecer os documentos valiosos e curiosos do fondo do Arquivo Municipal e achegar a historia propia aos cidadáns. Con esta proposta pretendese conseguir:
- Difundir as pezas valiosas e raras do fondo documental municipal.
- Coñecer e valorar o patrimonio documental municipal.
- Achegar o funcionamento da administración local a veciñanza.
- Fomentar a investigación sobre a historia municipal.
Desta forma ofrecerase una exposición mensual na que amosar un documento ou varios relacionados (fracción de serie) sobre un tema de interese na historia local. Documentos dende 1845 ata 2018 referidos ao municipio das Somozas.