A Asociación de veciños de Seixas organiza unha excursión a Grandas de Salime, en Asturias, o vindeiro 6 de maio.

A xornada inclúe unha visita ao pobo e o museo etnográfico e unha comida con todas as persoas participantes en Grandas de Salime. Á volta, realizarase unha parada en Meira e o lugar no que nace o Miño.

A saída será ás 8:30 horas da Escola de Seixas. No prezo, que será de 22 € para as persoas socias e de 30 para as non socias, inclúese o viaxe en autobús, a comida e a entrada ao museo.

As persoas interesadas pódense inscribir no 619 87 82 22 ata o sábado, 29 de abril. O pagamento realizarase o propio día da excursión en efectivo.