A Axencia de Lectura municipal celebra, o vindeiro 9 de xuño, o Día internacional dos arquivos e o 75 Aniversario do Consello Internacional dos Arquivos.

Durante os días 6 e 10 de xuño, realizarase unha mostra de carteis, revistas de Comisión de festas e expedientes de festexos na Axencia de Lectura Municipal das Somozas.

Será de 10:00 a 20:00 horas.

O propio día de festexo, ás 12:30 horas, o alumnado de infantil do CPI Marbán visitará o Centro de maiores das Somozas para lembrar cos máis maiores as festas que viviron cando tiñan o seu tempo.