O Slalom de As Somozas afronta a súa terceira edición o vindeiro 28 de setembro, tras a gran acollida das súas dúas edicións anteriores.
A competición, organizada tanto pola Escudería Moeche como polo propio Concello, trátase dunha proba nacional puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom 2024 e consta dun circuíto sobre un pavimento plano e asfaltado con obstáculos, onde o piloto ou pilota poderán demostrar as súas habilidades ao volante.
O certame admite todo tipo de vehículos de turismo, con carrocería pechada dun mínimo de dúas prazas e homologados. Juan Alonso, alcalde das Somozas, sinala que “o Slalom é un gran atractivo turístico que atrae a xente de toda Galicia ao noso municipio e sitúa ás Somozas como un dos epicentros do motor galego durante esa fin de semana”.
O evento, que da inicio ás 08:00 horas e remata ás 21:45 horas coa entrega de premios, é de carácter nacional e puntuable para o Campionato de Galicia.
Toda a información e regulamento particular aquí.