{"id":188040,"date":"2025-10-25T16:24:01","date_gmt":"2025-10-25T14:24:01","guid":{"rendered":"https:\/\/assomozas.es\/?p=188040"},"modified":"2025-11-10T16:36:02","modified_gmt":"2025-11-10T15:36:02","slug":"as-somozas-as-pontes-e-a-capela-ponen-en-marcha-unha-nova-edicion-do-programa-integrado-de-emprego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/as-somozas-as-pontes-e-a-capela-ponen-en-marcha-unha-nova-edicion-do-programa-integrado-de-emprego\/","title":{"rendered":"As Somozas, As Pontes e A Capela po\u00f1en en marcha unha nova edici\u00f3n do Programa Integrado de Emprego"},"content":{"rendered":"<div class=\"xdj266r x14z9mp xat24cr x1lziwak x1vvkbs x126k92a\">\n<div dir=\"auto\">O<strong> Concello das Somozas, xunto aos concellos das Pontes e A Capela, po\u00f1en en marcha unha nova edici\u00f3n do Programa Integrado de Emprego de Galicia<\/strong>, unha iniciativa subvencionada pola Conseller\u00eda de Emprego, Comercio e Emigraci\u00f3n da Xunta de Galicia, co apoio do Servizo P\u00fablico de Emprego Estatal (SEPE) e coa cofinanciaci\u00f3n dos propios concellos participantes.<\/div>\n<div dir=\"auto\"><\/div>\n<\/div>\n<div class=\"x14z9mp xat24cr x1lziwak x1vvkbs xtlvy1s x126k92a\">\n<div dir=\"auto\"><strong>Este programa, cunha duraci\u00f3n de doce meses, ten como obxectivo principal mellorar a ocupabilidade e favorecer a inserci\u00f3n laboral das persoas desempregadas da comarca<\/strong>, especialmente daqueles colectivos que presentan maiores dificultades de acceso ao mercado laboral e marca un obxectivo de inserci\u00f3n laboral do 42%, consolidando o seu enfoque pr\u00e1ctico e orientado a resultados<\/div>\n<\/div>\n<div class=\"x14z9mp xat24cr x1lziwak x1vvkbs xtlvy1s x126k92a\">\n<div dir=\"auto\">\n<p lang=\"gl-ES\"><strong>A nova edici\u00f3n do programa est\u00e1 dirixida a un total de 100 persoas desempregadas, tanto homes como mulleres, pertencentes a colectivos con especiais necesidades de apoio.<\/strong> Entre os perf\u00eds que se priorizar\u00e1n at\u00f3panse persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusi\u00f3n social, persoas beneficiarias do tramo de inserci\u00f3n da RISGA, mulleres que acrediten a condici\u00f3n de v\u00edtimas de violencia de x\u00e9nero, persoas migrantes cunha autorizaci\u00f3n de residencia temporal por arraigamento socioformativo, persoas maiores de 52 anos, mozos e mozas menores de 30 anos con calquera nivel de cualificaci\u00f3n, persoas perceptoras de prestaci\u00f3ns, subsidios por desemprego ou da Renda Activa de Inserci\u00f3n, as\u00ed como mulleres desempregadas.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">Ao longo do programa, as persoas participantes recibir\u00e1n formaci\u00f3n e apoio individualizado a trav\u00e9s de acci\u00f3ns que combinan orientaci\u00f3n laboral personalizada con sesi\u00f3ns grupais. Trataranse contidos clave como a elaboraci\u00f3n de curr\u00edculum v\u00edtae e cartas de presentaci\u00f3n, preparaci\u00f3n de entrevistas de traballo, habilidades sociolaborais, coaching, intelixencia emocional e motivaci\u00f3n laboral. Ademais, o alumnado poder\u00e1 adquirir competencias profesionais adaptadas \u00e1s necesidades actuais do tecido industrial e comercial da contorna, incrementando as\u00ed as s\u00faas opci\u00f3ns reais de inserci\u00f3n.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">O orzamento total destinado a esta iniciativa ascende a 175.000 euros, dos cales 140.000 euros son achegados pola Conseller\u00eda de Emprego, Comercio e Emigraci\u00f3n da Xunta de Galicia e o Servizo P\u00fablico de Emprego Estatal, mentres que os 35.000 euros restantes corren a cargo dos concellos das Pontes, Somozas e A Capela.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">Como medida de apoio \u00e1 participaci\u00f3n, establecerase unha bolsa de asistencia de 10 euros por cada d\u00eda que a persoa participe nas distintas acci\u00f3ns do programa. As\u00ed mesmo, co fin de garantir a conciliaci\u00f3n da vida persoal e formativa, cubriranse os gastos de coidado e\/ou atenci\u00f3n a persoas dependentes, en particular menores de entre 3 e 12 anos, para facilitar a asistencia \u00e1s sesi\u00f3ns formativas.<\/p>\n<p lang=\"gl-ES\">As Somozas reafirma o seu compromiso coa igualdade de oportunidades, o desenvolvemento econ\u00f3mico local e a inclusi\u00f3n social, apostando por pol\u00edticas activas de emprego que fomenten a capacitaci\u00f3n, a motivaci\u00f3n e o empoderamento das persoas desempregadas da comarca.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello das Somozas, xunto aos concellos das Pontes e A Capela, po\u00f1en en marcha unha nova edici\u00f3n do Programa Integrado de Emprego de Galicia, unha iniciativa subvencionada pola Conseller\u00eda de Emprego, Comercio e Emigraci\u00f3n da Xunta de Galicia, co apoio do Servizo P\u00fablico de Emprego Estatal (SEPE) e coa cofinanciaci\u00f3n dos propios concellos participantes. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":188041,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"wds_primary_category":0,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-188040","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/188040","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=188040"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/188040\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/media\/188041"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=188040"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=188040"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=188040"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}