{"id":14378,"date":"2023-11-27T13:27:50","date_gmt":"2023-11-27T12:27:50","guid":{"rendered":"https:\/\/assomozas.es\/?p=14378"},"modified":"2023-11-27T13:27:50","modified_gmt":"2023-11-27T12:27:50","slug":"somozas-recibe-tres-flores-de-honra-no-certame-vilas-en-flor","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/somozas-recibe-tres-flores-de-honra-no-certame-vilas-en-flor\/","title":{"rendered":"Somozas recibe tres Flores de Honra no certame Vilas en Flor"},"content":{"rendered":"<p>O Concello das Somozas conseguiu tres \u2018Flores de Honra\u2019 na s\u00faa segunda participaci\u00f3n no programa \u2018Vilas en Flor\u2019, impulsado pola Fundaci\u00f3n Juana de Vega, unha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e econ\u00f3mica dos municipios galegos de menos de 40.000 habitantes.<\/p>\n<p>A edici\u00f3n deste ano contou con 38 concellos inscritos e o alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembr\u00e1s, recibiu o galard\u00f3n o pasado s\u00e1bado, 25 de novembro, nun evento celebrado no auditorio de Goi\u00e1n en Tomi\u00f1o, anfitri\u00f3n do evento.<\/p>\n<p>Este programa, que distinguiu ao municipio somocense con tres Flores de Honra, est\u00e1 encami\u00f1ado \u00e1 posta en valor da riqueza natural e paisax\u00edstica, na li\u00f1a dalgunha das multifuncionalidades da infraestructura verde. Con este proxecto pret\u00e9ndese a mellora est\u00e9tica e funcional do territorio mediante o reco\u00f1ecemento p\u00fablico daquelas actuaci\u00f3ns medioambientais, enriquecidas con obras de axardinamento, ornamentaci\u00f3n floral, mobiliario urbano e espazos l\u00fadicos.<\/p>\n<p>As \u201cFlores de Honra\u201d, que abranguen cinco niveis, son o distintivo que se concede anualmente aos municipios participantes, segundo criterio dun xurado especializado formado por persoas expertas de reco\u00f1ecido prestixio no \u00e1mbito do paisaxismo.<\/p>\n<p>O programa reco\u00f1ece tanto a traxectoria como as acci\u00f3ns levadas a cabo polos concellos galegos para mellorar e resaltar os espazos verdes urbanos, a s\u00faa xesti\u00f3n sostible, a educaci\u00f3n ambiental e a concienciaci\u00f3n cidad\u00e1 no coidado da contorna.<\/p>\n<p>O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembr\u00e1s, recolleu o premio \u201corgulloso polo que sup\u00f3n este reco\u00f1ecemento e por, adem\u00e1is, acadar unha Flor de Honra m\u00e1is con respecto ao ano pasado\u201d. Tam\u00e9n sinalou a \u201cimportancia de que un municipio como As Somozas fose premiado por segundo ano consecutivo nunha iniciativa de tanto calado a nivel social en toda a comunidade galega\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello das Somozas conseguiu tres \u2018Flores de Honra\u2019 na s\u00faa segunda participaci\u00f3n no programa \u2018Vilas en Flor\u2019, impulsado pola Fundaci\u00f3n Juana de Vega, unha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e econ\u00f3mica dos municipios galegos de menos de 40.000 habitantes. A edici\u00f3n deste ano contou con 38 concellos inscritos e o alcalde das [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":14379,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"wds_primary_category":0,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-14378","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14378","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14378"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14378\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14379"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14378"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14378"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/assomozas.es\/gal\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14378"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}