Conscientes da existencia de fogares que non contan con ordenadores ou conexión a Internet, o Concello das Somozas vén de poñer en marcha un servizo pensado para facilitarlles aos estudantes nesta situación a realización das tarefas e deberes escolares que os respectivos centros van poñendo, facendolles as fotocopias correspondientes. Para iso, as familias interesadas deben chamar ao Concello: 981404101 sinalando as direccións web remitidas polos centros educativos para descargar os arquivos. O Concello imprimiraos e recollerano cada familia no Concello.