O Concello das Somozas INFORMA das medidas adoptadas seguindo instruccións da Fegamp recollidas a partir do decretado polo Goberno de España cando declarou o Estado de Alarma polo COVID-I9:

  • As dependencias municipais permanecerán pechadas ao público. Se precisan facer algunha xestión urxente chame ao teléfono 981.40.41.01, empreguen o correo electrónico [email protected] ou a sede electrónica sede.assomozas.es. O persoal municipal avaliará a petición e, só se se trata de algo urxente, darase cita previa para atendelos.
  • Lembren que en virtude do Estado de Alarma están suspendidos todos os prazos administrativos.
  • As personas só poderan saír ás ruas para mercar alimentos, medicamentos ou bens de primeira necesidade, recibir asistencia sanitaria, ir traballar, retornar a casa, coidar persoas dependentes, ir ao banco ou aseguradoras, outra causa de forza maior. Os desprazamentos en vehículo serán polas mesmas causas e para repostar combustible.
  • QUEDA SUSPENDIDA A ACTIVIDADE COMERCIAL MINORISTA E DE OCIO AGÁS:
    • Establecementos de alimentación, bebidas, produtos de primeira necesidade, farmacias, médicos, ópticas, ortopedias, produtos hixiénicos, prensa e papelería, gasolineiras, estancos, equipos tecnolóxicos e telecomunicacións, alimentos para animais, comercio por internet, telefónico ou correspondencia, tintorerías e lavandarías.
    • As personas deberán permanecer nestes establecementos o tempo imprescindible para a adquisición.
  • Suspendidas verbenas, desfiles e festas.

A POLICIA NACIONAL comunica:

  • Suspéndese a expedición de documentos e a cita previa, salvo motivos de urxencia xustificados.
  • Quedan tamén anuladas as citas concertadas ata o momento.
  • Unha vez que se restableza a normalidade, os cidadáns afectados deberán concertar de novo unha cita previa.

XUNTA DE GALICIA:

  • Non fará falla renovar o paro até o 30 de abril
  • Os trámites urxentes hai que facelos a través da oficina virtr¡al ou chamando á oficina de emprego
  • Suspéndense as citas de orientación laboral.

Por último, SUSPÉNDESE A PESCA FLUVIAL EN GALICIA, quedan
suspendidas tamén as BATIDAS DO XABARIL (só se permitirán as autorizadas excepcionalmente pola Consellería de Medio Ambiente) e, importante, QUEDAN SUSPENDIDOS OS PERMISOS DE QUEIMA, incluídos os que xa se comunicaran.