Servizos Sociais

PROGRAMA AXUDA NO FOGAR

Este programa consiste nunha serie de atencións de carácter persoal, doméstico e técnico có fin de facilitar que as persoas poidan seguir vivindo no domicilio e entorno, evitando así ingresos non desexados en residencias.
Poden recibir este Servizo, individuos ou familias que presenten un grao de dependencia moderada e que non lles sexa posible a realización das súas actividades cotiás; ou naqueles casos, que tendo unha dependencia grave, este servizo supoña unha axuda aos seus coidadores.

PROGRAMA DE INFORMACIÓN

Información, xestión e seguimento de RISGAS.
Información e xestión de prestacións económicas por nacimento de fillos, familias numerosas, fillos menores de tres anos; prestacións por Paternidade e Maternidade, colaboración có Programa Prescolar na Casa…
Información adicada especialmente ao Sector de poboación con Minusvalideces: Solicitudes de Valoración do Grao e información sobre os beneficios que conleva; Dependencia, Pensións non Contributivas; Pensións por Invalideces, etc.
Atención ás necesidades da poboación maior: PNC, Pensións de Xubilación, Acollemento Familiar; Información sobre
Termalismo e Turismo Social, descontos no teléfono; xestión de expedientes e supervisión do Servizo de Axuda no Fogar, etc.

Outros Servizos

Dende o Concello das Somozas queremos facilitar aos nosos veciños e visitantes a información dos servizos básicos que se ofrecen no municipio: