Se estes días deixa de ver algunha canle de televisión resintonice o seu televisor.

Durante o mes de novembro de 2019, estanse a realizar actuacións nos centros emisores de televisión da zona, con motivo da liberación do Segundo Dividendo Dixital, o que implica un cambio de canles de televisión e a necesidade de resintonizar o seu televisor para seguir desfrutando da súa programación preferida.

Para máis información chame ao seu concello, ou á Oficina do Dividendo Dixital en Galicia: 881 866 388

www.tdtgalicia.es