Convocatoria de Axudas Individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción dá autonomía persoal para persoas con discapacidade; como servizos de fisioterapia, logopedia, pedagóxico, podoloxía, respiro familiar, etc.

Beneficiarios:

  • Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %
  • Pensionistas da Seguridade Social de Invalidez Permanente Total, Absoluta ou Gran Invalidez. E pensionistas de xubilación de clases pasivas.
  • Non poderán estar a recibir ningunha prestación ou servizo do Sistema Galego de Servizos Sociais.
  • Que a necesidade da axuda solicitada derive do tipo de discapacidade que teñan recoñecida.

PRAZO: ATA O 18 DE MAIO DE 2016

Información nos Servizos Sociais do Concello ou no Teléfono Social da Xunta de Galicia: 900.333.666