Industria

/Industria
Industria 2017-03-22T18:38:39+00:00

Polígono industrial

A inauguración oficial do Polígono Industrial das Somozas, tivo lugar no mes de novembro do ano 1994. A súa posta en
marcha supuxo a chegada de varias empresas, algunhas multinacionais, que convertiron a este municipio nunca das
referencias industriais do noroeste de Galicia.

Máis dun millón de metros cadrados de solo industrial, construidos en duas fases, configuran un espacio no que
emprendedores e empresarios poden desenvolver e crear o seu proxecto con todo tipo de facilidades.

A construción desta zona industrial foi levada a cabo pola Xunta de Galicia, a través de Xestur, que é ademais o ente encargado de comercializar as distintas parcelas dispoñibles.

Empresas

Alstom  Teléfono: 981 404 090
www.alstom.com/spain/es/
Huso29 Renovables  Teléfono: 981404527
www.huso29eyc.com
Ingaroil  Teléfono: 981 104 730
www.ingaroil.com
Sogarisa Teléfono: 981 404 176
www.sogarisa.es
Gamesa  Teléfono: 981 419 160
www.gamesa.es
VFU´S Armonia  Teléfono: 981 419 127
www.vfus.net
Xiloga  Teléfono: 981 417 210
www.toysal.com/xiloga/

Evolución

A creación do polígono industrial das Somozas naceu en paralelo ó asentamento da empresa SOGARISA Sociedade Galega de
Residuos Industriais S.A., unha compañía da que a Xunta de Galicia posee o 10% e que se adica ó reciclado de residuos
industriais perigosos, con plantas de tratamento de pilas.

Tras ela, outras empresas importantes, como Gamesa, con sendas plantas adicadas á fabricación de pas de aeroxeradores,
lograron converter a este parque empresarial nun dos de maior xeración de empleo, asentándose na mesma parcela á
compañía SEM, adicada ó pintado de palas fabricadas por Gamesa.

Outras compañías asentadas neste municipio son Alstom, antiga Ecotécnia, adicada tamén ó sector eólico e máis
concretamente á fabricación de aeroxeradores, e Xilo Galicia, asentada en Marbán, realiza nas suas instalacións o
reciclado de todo tipo de residuos industriais non perigosos.

A empresa VFU`S Armonía, adícase á reciclaxe de vehículos, comercializando posteriormente moitas desas pezas usadas en
diversos países europeos e africanos, ademais da sua venda para o mercado nacional.

Máis recentemente entrou en funcionamento a empresa Ingaroil, dedicada á xeración de electricidade a partir da
reutiulización de aceites usados e que veu a cubrir o sitio deixado no mesmo espacio pola antiga Enviroil.

aebcddc511bb0adeb143fe9f6a087db3tttttttttttttt