A “ESTRATEXIA DE XESTIÓN MUNICIPAL DE RESIDUOS” ten como obxectivo principal a optimización dos residuos nun contexto de cambio climático no concello de As Somozas. Pretendíase sentar as bases para unha axeitada selección de medidas de adaptación da xestión dos residuos ao cambio climático, establecendo prioridades e concentrando esforzos nesas medidas de adaptación. A estratexia contempla unha serie de actuacións identificadas e agrupadas en Plans ou Plans de xestión, que establecen esas prioridades municipais no ámbito da compostaxe, da prevención de residuos nas empresas, do aumento da reciclaxe e revalorización dos residuos, e da sensibilización e concienciación sobre as causas e riscos do cambio climático no concello.