O Departamento de Servizos Sociais de As Somozas en colaboración coa Deputación da Coruña, organizan un taller que leva por nome “Envellecendo nas Somozas” (obradoiro de memoria), dirixido a persoas de 60 ou máis anos. Dará comezo o luns 3 de outubro e terá lugar no Centro Cívico Municipal A Garita.

Os destinatarios desta actividade terán que cumprir o requisito de ter cumpridos os 60 anos.

Os días de realización serán os luns e mércores de 16:00h a 17:30h.

Para inscribirse é necesario achegarse ata as oficinas do Concello en horario de atención ao público de 10:00 a 14:00h, antes do día 30 de setembro.