Lugares de interés

Son varios os lugares de interés que ofrece o municipio de As Somozas, tanto desde o punto de vista medioambiental como paisaxístico ou cultural.

Área de recreo situada no entorno do núcleo da Iglesia, nun espacio natural creado artificialmente coa construción de pontes de madeira ou pequenos diques para o río.
Está equipada con mesas e mobiliario en perfecta armonía co medio natural. Nas inmediacións existen parques infantís con mobiliario de madeira e piscina descuberta. Ideal para merendar e darse un baño nun acolledor e tranquilo ambiente natural.
Área de recreo situada nun entorno forestal e fluvial, nas inmediacións do río Mera, nun espazo natural de singulares características ecolóxicas, densa vexetación de pinos, eucaliptos, carballos e bidueiros que cobixan ó visitante, en perfecta harmonía co medio natural.
No lugar existe un muiño restaurado de pedra e cuberta de pizarra.
Localízase no núcleo da Garita e trátase dunha edificación construida a principios do século XX polos emigrantes a Cuba para poder ofrecer ós habitantes das Somozas unha correcta ensinanza. Trátase dun edificio sen estilo definido e que cumpriu funcións de escola ata a Guerra Civil. Consta dunha planta cuadrangular, sobre a que se levantan dous pisos. Os muros de cachotería están recebados. A cuberta, a duas augas, presenta cubrición de pizarra en un futuro levarase a cabo a sua restauración.
Trátase dun cruceiro levantado a principios do século XX , probablemente por Antón Rodríguez, “O Quinto” a devoción de Manuel Casal e Carmen Martínez. Con pedestal elevado e ben traballado, fuste corto e remate con elegante capitel. Decoración con anxos de medio corpo e actitude orante nas catro caras. Cruz de paus cilíndricos, cun Cristo moi despegado e a tradicional imaxe mariana. Pertencente a un antiguo Via-Crucis que circunda o adro da igrexa parroquial de Santiago Seré.
Cruceiro levantado a principios do século XX , sobre un pedestal de base cadrada. Fuste de sección octogonal. Cruz con relieve no anverso de Cristo crucificado e a Vires mariana no reverso. Pódese ler a inscrición: “Se yzo a la devoción de Don Pedro VII Aboy Ardao”.
Cruceiro sobre pedestal de base cadrada, coa inscrición “Limosna a San Antonio de Padua”. O fuste, corto e de sección octogonal, remata cunha cruz sinxela, un relieve de Cristo Crucificado e as siglas INRI na parte superior.
Sinxelo cruceiro de finais do Século XIX (1896). Sen pedestal, con fuste corto e de sección octogonal, presenta un remate con capitel, decorado con motivos vexetais. NMa cruz, de paus cilíndricos, aparece o Cristo crucificado no anverso e a tradicional imaxe mariana no reverso. Interesante mostra do patrimonio cultural.
Cruceiro levantado a principios do século XX (1904). Trátase dunha peza ben traballada e montada sobre unha plataforma con escaleiras de apreciable altura. Caracterízana, ademáis do pedestal elevado, o fuste corto e o remate con capitel e cruz sinxela. Pódense ler as seguintes inscripcións advocatorias: “culto al Sagrado Corazón de Jesús” e “40 días de indulgencia rezando alguna oración delante de esta imagen”. Debaixo do Cristo, hallase unha fonte de auga natural, entendese que purificada polo cruceiro.
Pequena igrexa nun entorno rural, sen estilo definido. Planta rectangular, con única nave e prebisterio que sobresae do volumen principal. No exterior, cuberta de lousa a duas augas. Estrutura volumétrica sinxela. Muros con cachotería á vista. Fachada principal con porta rectangular adintelada. Espadana dun solo oco.
Pequena igrexa de tipoloxía , sen estilo definido, inda que cun modelo arquitectónico moi repetido na comarca a comezos do século XX. Planta rectangular, con única nave e presbisterio. No exterior, cuberta de lousa duas augas. Volumetría sinxela, con lixeira elevación do presbiterio.Muros con cachotería á vista. Fachada principal con porta rectangular adintelada. Espadana dun solo oco. No seu interior venérase a San Marcos.
Unha pequena igrexa en entorno rural, de estilo ecléctico. Planta de cruz rectangular con única nave. No interior, espacio entre presbiterio e nave delimitado por arco apuntado, apoiado sobre pilastras e estrutura aérea abovedada e de madeira. No exterior, volumetría sinxela e muros de carga. Ciberta de pizarra a duas augas. Fachada principal dividida en tres panos, rematados en arcos apuntados, correspondendo o mayor á porta de entrada, sobre ela, hornacina con imaxe pétrea de San Roque, representado cos seus característicos atributos. Capela de advocación popular a “San Roquiño do Camiño”.
IIgrexa de pequenas dimensións. Planta rectangular, con nave única e presbiterio sobresaínte. No exterior, cuberta de pizarra a duas augas. Volumetría sinxela. Muros con cachotería á vista. Fachada principal con porta rectangular adintelada. Espadana dun solo oco.
Minúscula igrexa rural, sen estilo definido, e recentemente restaurada.Planta rectangular, cunha única nave e presbiterio. No exterior, cuberta de pizarra a duas augas. Volumetría sinxela, con lixeira elevación do presbiterio. Muros de mampostería con pedra á vista. Fachada principal simétrica, porta rectangular e adintelada con molduras curvas e placa con inscripción encima “ se edificó por Pedro Martínez Anidos. Año 1903”. Superponse unha pequena fiestra que permite a entrada de luz ó interior do templo. Coroa a fachada unha sinxelísima espadana rematada en frontón triangular.
Pequena igrexa nun entorno rural sen estilo definido, adicada a “ Nosa Señora do Socorro”. Planta rectangular, cunha única nave e presbiterio elevado. No exterior, cuberta de pizarra a duas augas na parte da nave e a cagro no presbiterio. Volumetría sinxela. Muros con cachotería á vista exceptuando a fachada principal, revestida e caleada. Fachada principal con sistema pentagonal, porta rectangular e adintelada no eixo vertical. Cornisa interrumpida por pequena espadana de características neogóticas. Destaca un pequeño pórtico na entrada, con dous bancos de pedra.
Pequena igrexa no entorno rural. Planta rectangular, cunha única nave e presbiterio. No exterior, cuberta de pizarra aduas augas. Volumetría sinxela, con lixeira elevación do presbiterio. Muros con cachotería á vista. Fachada principal con sistema pentagonal, porta rectangular e adintelada con eixo vertical. Espadana dun solo oco.
Casa sen estilo definido, inda que responde a unha tipoloxía popular moi difundida. Planta rectangular, con corpos añadidos adicados a dependencias utilitarias, como cuadras ou alpendres. Consta de dous andares e tres entradas, unha principal, no centro da fachada e duas de carácter secundario, que vinculan a casa cos anexos. Combina muros de cachotería á vista e muros pintados, sen uniformidade na fábrica. Cubertas de laxas de lousa a catro augas no corpo principal e a duas e unha nos añadidos.
Como elementos decorativos destacan as verteaugas das ventás e dos pináculos de pedra que coroan a cuberta. A casa ten asociada unha lenda, explicativa, ademais , da toponimia. Segundo a “Historia del Apóstol Santiago” publicada en Madrid a comezos do século XVI, o topónimo de Somozas debíase a un nobre francés de nombre “Sumaça” quen fuxira huido de Francia e recibido estos dominios dos reises de España. Conta a lenda que este cabaleiro galo liberou o val do bochornoso tributo das 100 doncelas que os moros levaban ós seus haréns, trans vencer nunca batalla que tivo lugar en Melide. A casa dería do lugar no cal se enchousaban ou encerraban as mulleres antes de embarcar. Dende o monte próximo “o Marbán” (polo mar van) divisabánse os veleiros que as transportaban a África.
Igrexa do século XVIII de estilo barroco. Planta rectangular, con tres naves. No interior, nave central con bóveda rebaixada de madeira, aberto o lateral con arcos de medio punto apoiados sobre pilares de sección cadrada. As naves laterais , con sinxela cubrición de madeira, aberta con ocos abocinados que proporciona luz natural ó templo. Coro alto, realizado con forxado de madeira. No exterior, muros revestidos e branqueados exceptuando os esquinaisl. Fachada principal, organizada en tres corpos, con primacía da central sobre os laterais. O campanario, de importantes dimensións e coronado por cúpula octogonal rematada con pináculo e cruz de ferro. Destacan na parte posterior dos muros o presbiterio os xabalís e escudos, símbolos da familia dos Andrade, señores medievais da comarca.
Igrexa de estilo gótico. Planta rectangular, con única nave e pequena capela. No interior, nave con muros espidos e apenas decoración. Capela con duas estancias, con bóveda de crucería dunha sola clave, separadas por arco triunfal apuntado. Altar presidido por retablo de características neoclásicas e policromía semellante ó mármore, con imaxe central de San Pedro e nos laterais San Xosé e San Antón.. Segundo se recolle na inscrición do muro meridional, a capela foi propiedade da Marquesa de Cavalcanti. No exterior, muros de carga con cuberta a duas augas de lousa irregular.
Igrexa de estilo barroco clasicista. Planta de cruz latina, con única nave, duas capelas laterais, presbiterio e pequena sacristía. No interior, nave cuberta con bóveda rebaixada de madeira e cruceiro con bóveda de arista. Presbiterio de pequenas dimensións, delimitado por arco de medio punto rebaixado e apoiado sobre pilastras. No exterior, muros revestidos e branqueados exceptuando os esquinais. Fachada principal, dividida en tres panos, con cornisa dividida no seu centro, para dar lugar a unha base rectangular sobre a que se asenta a espadana de dos ocos. Posee cruceiro na entrada.
Igrexa de estilo barroco. Planta rectangular, con tres naves. No interior, nave central con bóveda a duas augas de madeira, aberto o lateral con arcos de medio punto apoiados sobre pilares de pouca altura. As naves laterais, con sobria cubrición de madeira. Coro alto, realizado con forxado de madeira. Presbiterio de pequenas dimensións, con estructura aérea de madeira, que reproduce as catro augas da cuberta exterior. No exterior, muros revestidos e branqueados exceptuando os esquinais. Rica volumetría, con diferenciación de cada un dos corpos. Sobria fachada principal. Gran campanario, coroado por cúpula octogonal rematada con pináculo e cruz de ferro.
Actualmente atopase nun estado de abandono, do que tan sólo se conservan alguns restos das pezas interiores, así como os seus muros exteriores. Trátase dun artiluxo utilizado antigamente polos ferreiros para traballar o ferro e confeccionar diferentes artigos, moitos dos cales eran posteriormente comercializados en diferentes feiras e mercados da comarca. Un destes elementos necesarios para a sua conservación, a balsa en donde se almacenaba a auga para facer posible o seu funcionamento, desapareceu.
Mámoa circular emprazada na ladeira do monte Marbán, no cumio, con ausencia de datos cronolóxicos. Composto por duas murallas, entre as cales se sucede un antecastro e foso.

Galería

 

Turismo en As Somozas

As Somozas dispone de lugares llenos de historia y de vida para que sus visitantes disfruten de la calma que nos otorgan nuestros antepasados. La naturaleza rebosa por todos aquellos lugares que se visiten, y en As Somozas, podrá disfrutar de los mejores lugares para comer y descansar.