O Concello de As Somozas colabora coa campaña #súmatedoasangue

//O Concello de As Somozas colabora coa campaña #súmatedoasangue

O Concello de As Somozas colabora coa campaña #súmatedoasangue

O Concello de As Somozas e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) impulsan de novo a participación nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes.

O verán é a época de maior dificultade para a doazón de sangue. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade dos veciños e

veciñas e, por iso, o Concello distribuirá unha carta informativa.

Poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos e que pesen máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen ata a unidade móbil de ADOS, antes de levar a cabo a doazón de sangue:

AS SOMOZAS LUNS 28 de AGOSTO Unidade móbil de doazón de sangue diante do Concello 16.00 a 21.00 horas. As Somozas acadou en 2016 unha taxa de 47 doazóns oor 1.000 habitantes e obxectivo é manter as cifras de participación que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes). Queremos facer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo, cada día, unha media de270O uxencias, 500 intervencións cirúxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.

Neste verán os enfermos non toman vacacións e moitas persoas dependen deste xesto solidario para recuperar a saúde. Precisamos 10 minutos da túa vida para salvar a de outros.

2017-08-22T08:01:57+00:00 Noticias|
1e842d2cda800a893498b1544e38e4b3iiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii